A terceira edición da Heroica reuniu en Doade a preto de 800 nadadores

• A proba de 10.000 metros integra a novena etapa da IV Copa de España de Augas Abertas

Imaxe da entrega de premios en Doade, o 4 de agosto, da III Heroica Gran Premio Deputación de Lugo, coa presenza do deputado de Turismo, Eduardo Vidal, dos alcaldes de Monforte e Sober, e membros da organización. GPDL

• A Ribeira Sacra foi o escenario, o pasado 4 de agosto, da terceira edición da Heroica Gran Premio Deputación de Lugo, que reuniu en Doade a case 800 nadadores. A cifra de participantes incrementouse en máis de 200 respecto á edición anterior, nunha proba que trata de unir deporte e promoción dos atractivos da Ribeira Sacra. «Entre nadadores e acompañantes, sumaron un total de 2.500 persoas que tiveron a oportunidade de coñecer a paisaxe, gastronomía e os viños da Ribeira Sacra», destacou o deputado de Turismo, Eduardo Vidal. A Deputación de Lugo colaborou con esta edición da Heroica achegando 10.500 euros. «Este evento é unha oportunidade para impulsar o turismo e a economía da zona», salientou Vidal.

COMPETICIÓNS E TRAVESÍA POPULAR
A xornada do sábado 4 de agosto acolleu un total de catro probas. A competición reina, cun percorrido de 10.000 metros, inclúese dentro da novena etapa da IV Copa de España de Augas Abertas, organizada pola Federación Española de Natación. O triunfo na proba absoluta foi para Roberto Mouriño e Sandra Vidal.
Na competición de 5.000 metros gañou Pablo Galán, quedando segundo o triatleta Javier Gómez Noya, e a absoluta feminina foi para Andrea Domínguez. En 2.500 metros, venceron na absoluta Raúl Civeira e Judith Ignacio. Por último, a travesía popular de 500 metros deu o triunfo a Ernesto Rodríguez e Helena Herreros.
A organización estableceu un servizo de microbuses gratuíto dende os aparcadoiros ata o punto de saída en Doade. O dispositivo de seguridade contou con 30 piragüistas e 15 embarcacións a motor. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

As pistas de atletismo de Monforte levan xa o nome de Saleta Fernández López

Seguinte Nova

Alex Camba, do club Neka, declarado Deportista Galego de Alto Nivel

Últimas noticias sobre DEPORTES

Novo ciclo para o Club Lemos

O Club Lemos estrea directiva con Antonio López como Presidente. Unha das súas primeiras decisións foi nomear a Óscar Moure como Director
Ir aInicio

Don't Miss