Alex Camba, do club Neka, declarado Deportista Galego de Alto Nivel

• Este recoñecemento oficial outorga ao xove taekwondista vantaxes para realizar estudos universitarios e seguir coa competición

Á dereita na imaxe, Álex Camba, co seu adestrador do club Neka, José Mª Vega, e a súa compañeira de club, Elena Varela, que tamén opta á consideración de Deportista Galega de Alto Nivel. (Foto cedida)

O deportista do club Neka de Monforte, Álex Camba, vén de ser declarado Deportista Galego de Alto Nivel. Esta consideración foi outorgada ao monfortino xunto a outros 10 taekwondistas galegos a finais do mes de xullo, por resolución da Secretaría Xeral para o Deporte, logo de valorar a súa traxectoria deportiva.
Deste xeito, Camba poderá acceder a calquer carreira universitaria á marxe da nota de corte, ademais de optar a subvencións e contar con licenzas por competición deportiva para adecuar as datas de exames.
«Moitas veces escoitei á xente dicir que as medallas non servían para nada máis que un recoñecemento momentáneo, e eu dicíalles que se equivocaban», comentou o adestrador do Neka, José Mª Vega, «e o tempo agora me dá a razón». O tamén técnico da selección galega puxo en valor o taekwondo porque, «ademais das experiencias vividas, os valores aprendidos ou as amistades, este deporte tamén inflúe positivamente na súas vidas académicas».
Vega gabou o traballo e a traxectoria de Álex Camba, e destacou que «para min, esta é a miña mellor medalla, e o maior éxito do Neka». •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A terceira edición da Heroica reuniu en Doade a preto de 800 nadadores

Seguinte Nova

Primeiros pasos para a posta en marcha do Consello Provincial de Turismo

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss