Ata finais de agosto están expostos no Círculo Saviñao de Escairón os traballos do alumnado das clases de pintura que imparte Alejandro Ciurluini. Aínda que a mostra está baseada nas creacións de Fina Vázquez, Encarnación Álvarez, Mª Elena Lázaro e Victoria Quintillán, as alumnas máis veteranas, tamén teñen cabida os traballos de artistas máis novos. O proxecto creativo impulsado por Ciurluini está a integrar a persoas de entre cinco e setenta anos, animados a aprender do seu mestre e dar saída á súa arte. •