O Concello de Sarria retirou máis de 90 niños de velutina

• A alcaldesa afirma que o persoal da brigada «está desbordado, mentres a Xunta non fai nada»

Un dos niños de velutina atopados na cornixa dun edificio de vivendas en Sarria. (Foto cedida).

A vespa velutina segue a estar de actualidade no sur de Lugo. O Concello de Sarria eliminou nos meses de verán máis de 90 niños desta especie invasora. A alcaldesa, Pilar López Yáñez, recoñeceu que o persoal da brigada de medio ambiente «está desbordado», polo crecente número de avisos, e criticou que «a Xunta non está a facer nada, poñendo en perigo aos sarriaos». López Yáñez denunciou que a asistencia da Xunta limitouse a «só dous traxes e unha pértega, con gran risco para os traballadores, que non teñen ningún tipo de formación» sobre como proceder á retirada dos niños. Yáñez lamentou que «o 012 só avise aos bombeiros en caso de emerxencia», xa que agora están en servizos mínimos por folga. •

 

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

130.000 euros para arranxar seis rúas e dúas travesías na contorna da rúa Ourense

Seguinte Nova

A Deputación investirá preto de 400.000 euros en dúas estradas do Saviñao

Últimas noticias sobre GALERÍA

   
A %d blogueros les gusta esto: