Apoio da Deputación para a organización de 10 concertos da Sociedade Filarmónica de Monforte

Asistiron á sinatura do convenio o presidente da Deputación, Darío Campos; o presidente da Sociedade Filarmónica, Antonio Cortiñas; e o alcalde de Monforte, José Tomé, o 17 de setembro. GPCM

A programación anual de concertos da Sociedade Filarmónica de Monforte vén de reforzarse coa aportación económica da Deputación de Lugo. O organismo provincial, da man do seu presidente, Darío Campos, deu luz verde ao convenio, por importe de 6.000 euros, para apoiar a organización dunha decena de concertos. Na sinatura, a Sociedade Filarmónica de Monforte estivo representada polo seu presidente, Antonio Cortiñas.

Darío Campos gabou o papel da Sociedade Filarmónica de Monforte, «auténtico referente na programación musical da comarca», e xustificou a aportación económica «para achegar a toda a poboación a arte da música en todos os seus xéneros».
A Sociedade Filarmónica leva funcionando de xeito ininterrumpido dende 1950, co obxectivo de difundir a música a través de concertos, recitais e conferencias, entre outras actividades. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A obra de Manuel Jorge pode verse en Lugo e na súa Chantada natal

Seguinte Nova

Artesanía, costumes e memoria: outro xeito de mirar o Camiño dende Sarria

Últimas noticias sobre CULTURA

 
A %d blogueros les gusta esto: