A mellora do sistema de alumeado público en Sober continuou este verán. A comezos de setembro, o Concello puxo fin a catro novas intervencións, que serviron para renovar as luminarias en Campoverde, A Carboeira, Vilapedre e Carboeiro.
PRETO DE 30.000 EUROS MUNICIPAIS
Dende o Consistorio lembraron que, con estas medidas, son xa máis de 25 os lugares do municipio que xa dispoñen de luces Led, que gastan menos e dan máis luz. A renovación das lámpadas levouse a cabo nas parroquias de Pinol e Gundivós, ademais do núcleo de Castroseiros en Neiras, Viloudriz en Refoxo, Fontemaior en Lobios, e no propio Doade. Tamén se extendeu a Canabal, en concreto a Sistín do Mato e Camporrairo, e aos núcleos de Mer e Froxán na parroquia de Proendos. En total, nos últimos meses o Concello de Sober investiu case 30.000 euros nestas intervencións.
O alcalde, Luis Fernández Guitián, anunciou máis renovacións para eliminar as lámpadas de vapor de sodio, que supoñen o 20% da rede. •

Sober, concello innovador e comprometido co medio ambiente
• Rematou a instalación da primeira ecolagoa da comarca • Permite depurar as augas residuais a través dun humidal • A obra custeouse con 75.000 euros do Plan Único
O Concello de Sober aposta pola sostibilidade no servizo aos veciños. No lugar de Francos, na parroquia de Doade, quedou instalada unha ecolagoa, que permitirá o saneamento de augas residuais dun xeito completamente natural.
AUGA DEPURADA
O alcalde explicou os detalles desta infraestrutura, que se financiou con 75.000 euros procedentes do Plan Único da Deputación. “A finalidade da ecolagoa é o tratamento das augas unha vez son empregadas, para poder vertelas de novo ao medio sen causar danos, ou reutilizalas noutros procesos”.

DIVULGACIÓN
Para o funcionamento da ecolagoa empréganse especies vexetais específicas, como as espadanas ou os carrizos. As augas residuais son canalizadas a través dunha zona húmida na que estas plantas medran de xeito natural, ao tempo que colaboran co proceso de depuración. Unha vez completada esta fase, as augas xa están en condicións de voltar ao ciclo hidráulico.
Dado o sistema de instalación empregado, mediante un vaso escavado no solo e aislado con protectores, a ecolagoa non vai xerar olores nin atraer insectos.
Cando se presentou o proxecto, o pasado mes de febreiro, o Concello adiantou as posibilidades divulgativas desta ecolagoa, que incluiría a elaboración dunha guía didáctica para escolares sobre as vantaxes dos humidais para o medio ambiente.

CASE 800.000 EUROS EN MELLORAS DO SANEAMENTO RURAL
Luis Fernández Guitián lembrou as últimas actuacións municipais para mellorar a rede de saneamento nas parroquias, e que suman un financiamento de case 800.000 euros. Ademais da ecolagoa, construiuse en Doade unha depuradora, custeada con máis de 50.000 euros do Plan Único, e a primeira fase do saneamento, con 100.000 euros dos fondos municipais. Estase a licitar a segunda fase por outros 75.000. Así mesmo, Augas de Galicia asume con case 400.000 euros os traballos de saneamento en Bolmente. •