O municipio de Pantón verá completado este ano o acondicionamento de preto de 20 quilómetros de camiños rurais, dentro das accións iniciadas hai tres anos no Plan Marco de Camiños Rurais. Para o concello de Pantón, a Consellería do Medio Rural destinou unha contía superior aos 250.000 euros dentro deste tipo de traballos.
O acondicionamento das pistas inclúe, segundo cada caso, a ampliación do camiño, a mellora do pavimento, ou a limpeza de cunetas.

SOLICITUDE DUN TRACTOR PARA DESBROCES
Así o destacou a conselleira, Ángeles Vázquez, na súa reunión en Santiago co alcalde de Pantón, José Luis Álvarez. Na xuntanza, celebrada a comezos deste mes, o rexedor solicitou deste departamento autonómico un tractor co que realizar tarefas de limpeza e desbroce no término municipal. Vázquez remitiuno á dispoñibilidade orzamentaria, aínda que vai estudar a petición. A conselleira lembrou que o Executivo autonómico pretende chegar ao obxectivo de 70 concellos dotados con este tipo de maquinaria. A fórmula podería ser mediante achega económica para compra, ou cunha autorización para o uso dun vehículo destas características. •