O 85% dos polígonos lucenses terán internet ultrarrápida a final de ano

Balseiro visitou os polígonos industriais de Sarria, a mediados de setembro. GPDTL
Un total de 11 polígonos industriais da provincia de Lugo dispoñen xa de acceso a redes de internet ultrarrápida, servizo ao que se sumarán outras tres superficies máis antes de que remate 2018.
SERVIZO DISPOÑIBLE NOS POLÍGONOS DE SARRIA
Este anuncio deuse a coñecer durante a visita que o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, fixo aos polígos de O Morelle e San Xulián da Veiga, en Sarria, o pasado día 12. Balseiro lembrou que estes avances nos servizos para as empresas lucenses veñen da man do Plan de Banda Larga da Xunta, que recentemente ofreceu aos polígonos  de Sarria a conexión a internet de máis de 100 Mbps.
EN TODO O SUR
O delegado autonómico salientou que o Plan de Banda Larga está desenvolvido pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e o operador R. As características do servizo que xa poden contratar as empresas dos polígonos sarriaos inclúe conexión por fibra óptica con velocidades de ata 350 Mbps de baixada e 35 de subida, e garantía de caudal do 80% sen límite de descarga, segundo os datos aportados pola AMTEGA.
O servizo de internet ultrarrápida foise extendendo ao longo de 2018 polas superficies industriais do sur lucense. En marzo chegou ao polígono dos Acivros, en Chantada, en maio ao Porto Seco de Monforte, e en agosto ao complexo do Reboredo.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Reforzo dos servizos municipais e máis postos de traballo en Chantada co DepuEmprego

Seguinte Nova

395,1 hectáreas puxéronse en valor no sur lucense con axudas da Deputación

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: