
O deporte monfortino centrou de novo a actividade institucional no Consistorio. O 13 de setembro, o Concello homenaxeou ao piragüista monfortino Manuel Freire, campión de España en Descenso en Augas Bravas. Freire foi recibido polo alcalde, José Tomé, quen lle fixo entrega dun agasallo conmemorativo.