Reforzo dos servizos municipais e máis postos de traballo en Chantada co DepuEmprego

• A Deputación achegou 70.000 euros a este municipio, para contratar a 5 persoas que estaban no paro

Un dos 5 novos traballadores que presta servizo no Concello de Chantada grazas ao DepuEmprego. GPDL

O impulso ao emprego e aos servizos municipais é o obxectivo do programa DepuEmprego, unha iniciativa pola que a Deputación vén de xerar 5 novos postos de traballo en Chantada, cunha aportación de 70.000 euros. «Somos conscientes de que os Concellos teñen limitacións para contratar, por iso puxemos o programa en marcha», explicou a deputada de Promoción Económica. Sonsoles López Izquierdo destacou que, ademais de xerar emprego, este plan mellora o catálogo de servizos que dan os concellos.
No caso de Chantada, os cinco novos operarios poñen a súa experiencia previa ao servizo dos veciños. Iván, de 31 anos, que exerce de peón de rego asfáltico, salienta que «este posto encaixa perfectamente co meu perfil profesional», dada a súa experiencia previa «no sector privado e no público». Para Iván este é o seu segundo ano no DepuEmprego, situación que tamén se repite no caso de José. Aos seus 50 anos, traballa como conductor de camión de gravilla, e anteriormente foi condutor de pisón. «Antes traballei nos camións», polo que acumula gran experiencia para este posto.
Os 21 anos de traballo como palista e chófer permitiron a José, de 53 anos, lograr un posto similar no DepuEmprego e traballar en Chantada.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Os produtos locais, unha marca de valor e identidade

Seguinte Nova

O 85% dos polígonos lucenses terán internet ultrarrápida a final de ano

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: