Sarria abriu o calendario formativo da Federación para adestradores de baloncesto

Imaxe de arquivo dunha sesión formativa organizada pola Federación Galega de Baloncesto en Sarria, coa colaboración do CB Sarria e o Concello. (Foto: CB Sarria)
A vila xacobea foi a sede inaugural do novo ciclo formativo para adestradores de baloncesto que está a desenvolver a Federación Galega (FEGABA). Do 14 ao 16 de setembro, un total de 26 participantes asistiron ao primeiro curso de iniciación da fase presencial, organizado pola FEGABA, coa colaboración do CB Sarria e do Concello.
FORMADORES
O curso foi dirixido por Maísa López, adestradora do CB Sarria e directora técnica zonal da FEGABA en Lugo. O plantel docente estivo formado polos adestradores Cristino Menor, Javier Peinó, Carlos Maceiras, Denis Pombar, David Martínez Peciña, Chete Pazo e Christian Martín. As sesións desenvolvéronse no pavillón dos institutos e no Novo Chanto. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A 17ª Volta a Galicia regresou ao sur de Lugo

Seguinte Nova

O Concello de Monforte homenaxea ao piragüista Manuel Freire

Últimas noticias sobre DEPORTES

   
A %d blogueros les gusta esto: