Circo de rúa e música tradicional con Luar na Lubre animaron o festival As Cores do Outono na Pobra do Brollón

A xornada do festival As Cores do Outono incluiu un espectáculo de circo de rúa na área recreativa de Samugueiros.(Foto: PILI CHAOS)
A Pobra do Brollón converteuse no epicentro da música tradicional galega coa celebración do festival As Cores do Outono, o pasado 23 de setembro.
FESTIVAL CONSOLIDADO NA SÚA QUINTA EDICIÓN
Esta cita, que acadou a quinta edición, comezou ás catro da tarde cun faladoiro na Casa da Cultura Olga Novo, coa participación de Bieito Romero, fundador de Luar na Lubre.  Dende as sete e media, os máis cativos gozaron dun espectáculo de circo-clown na área recreativa de Samugueiros. Neste mesmo espazo, tiveron lugar a partir das nove da noite os concertos de Searas, Os Carapaus e Luar na Lubre, presentados polo humorista e dramaturgo Lois Pérez.
A MÚSICA GALEGA, PROTAGONISTA
A organización do festival estivo a cargo do Concello da Pobra do Brollón, coa colaboración da Deputación de Lugo. As Cores do Outono busca ser un referente cultural na contorna, «unha cita multidisciplinar na que a música galega é a protagonista, acompañada do teatro ou do cine», salientou o alcalde, Xosé Lois Maceda.
«SIMBIOSE DE MÚSICA E NATUREZA»
A calidade do plantel de artistas citados no festival da Pobra foi destacada por Antonio Veiga, deputado nacionalista na Deputación. O representante provincial gabou esta iniciativa como «fundamental para afondar nas raíces culturais». Pola súa banda, o deputado do BNG no organismo provincial, Xosé Ferreiro, salientou a importancia de escoller a área de Samugueiros como escenario do festival, nunha «simbiose de música e natureza». •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Parlamento galego pedirá a Turespaña que restaure un tramo da Muralla de Monforte

Seguinte Nova

Máis dun cento de participantes nas Rutas de Historia polas terras de Sober, A Pobra do Brollón e Monforte

Últimas noticias sobre CULTURA

PROGRAMA LUGOTERMAL 2024_2025

A Deputación abrirá o prazo de inscrición ás 09:00 horas do luns 02.12.2024 da nova edición do LugoTermal, con máis de 1.700 prazas. 
Ir aInicio

Don't Miss