Comezaron os arranxos de 10 quilómetros en dúas estradas provinciais do Saviñao

O voceiro do Goberno provincial, Álvaro Santos, supervisou o inicio das obras na LU-5804, a finais de setembro. GPDL

A Deputación está a arranxar un total de 10 quilómetros en dous viais provinciais do municipio do Saviñao. Os traballos van mellorar 7 quilómetros da estrada LU-P-5804, de Rebordondiego a Morgade por Aiaz, e 2,9 quilómetros da LU-P-5801, un tramo de gran afluencia turística, pola proximidade á praia fluvial de A Cova e a unha zona de viñedos da Ribeira Sacra.

A importancia destas melloras foi destacada polo voceiro do Goberno da Deputación, Álvaro Santos, na súa visita ao municipio a finais de setembro. Santos supervisou o inicio das obras, e salientou que a LU-P-5804 é un vial «moi transitado» por conectar  con Escairón, e ser usada «polos traballadores das numerosas explotacións» da zona.
En total, a Deputación destina 266.200 euros a estas obras. Santos anunciou un próximo investimento de 350.000 euros na estrada de Ferreira a Currelos. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Quiroga é o concello do sur lucense con máis dotación en axudas ARI este ano

Seguinte Nova

Desbroces urbanos e traslado do sumidoiro da rúa Cardeal, entre as peticións de Tomé ao novo presidente da Confederación Hidrográfica

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: