• As axudas serviron para mellorar explotacións, poñer en marcha pequenas granxas, e incorporar mozos ao rural
A Xunta concedeu máis de 5,4 millóns de euros en axudas a 86 explotacións agrogandeiras nas comarcas de Lemos, Chantada e Quiroga.
AXUDAS PARA TRAMITACIÓNS, MAQUINARIA OU ADQUISICIÓNS
As subvencións financiaron a compra de maquinaria nova, os gastos dos proxectos técnicos para construír ou renovar a granxa, a xestión de permisos ou licenzas, e a plantación de cultivos. A partida tamén axudou a custear a compra de novos terreos ou de equipamentos informáticos, entre outros. Así mesmo, as subvencións permitiron a incorporación de mozos ao rural, como medida de impulso ao relevo xeracional no sector.
Un exemplo deste tipo de explotacións é a empresa Agromuíño, no Saviñao, que logrou iniciar un novo rumbo en actividade e persoal. Con estas axudas, un dos socios traballadores puido diversificar a actividade de leite de vacún, iniciando a crianza avícola coa que espera producir 24.000 pavos. Ademais, Agromuíño incorporou un novo traballador menor de 30 anos, para dar continuidade ao negocio. O proxecto de mellora que presentou esta empresa prevé a construción dunha segunda nave.•