
As axudas da Xunta para a creación de empresas veñen de materializarse en Monforte con seis novos negocios. A través do programa Galicia Rural Emprende, o Executivo autonómico destinou a estes proxectos 375.500 euros, cos que se cubriu máis do 53% do investimento subvencionable realizado polos emprendedores, e que ascende a máis de 704.000 euros.
En Monforte, as achegas permitiron poñer en marcha unha axencia de seguros con teleoperadores, un supermercado, unha franquicia de clases de cociña infantil, un centro de música e entretemento, unha perruquería canina con tenda de produtos animais, e unha axencia de viaxes. Con axudas deste programa tamén botará a andar unha instalación fotovoltaica en Pantón. •