• Pena do Castelo, Souto Chao e Os Chelos terán unha estética similar ao resto dos miradoiros da zona

Igualar a estética dos miradoiros de Sober foi un dos motivos que levou ao Concello a mellorar os miradoiros de Pena do Castelo, Souto Chao e Os Chelos.
RESPECTUOSOS COA PAISAXE
As obras que se están a realizar facilitan a accesibilidade e resaltan as características destes puntos de interese turístico, ademais de integralos na paisaxe co uso de materiais compatibles.
En Pena do Castelo, colocáronse dous cenadores, un balcón protector e un banco no cumio. Nos outros dous miradores, procedeuse á súa total renovación.

COFINANCIACIÓN
O proxecto, a cargo de empresas locais, conta cun investimento de 50.000 euros. O 70% desta cifra foi aportada por Turismo de Galicia, e o resto corre a cargo dos fondos municipais.•