O Parlamento galego pedirá a Turespaña que restaure un tramo da Muralla de Monforte

• A Cámara votou por unanimidade a proposta defendida pola deputada do PP Julia Rodríguez

Á dereita na imaxe, a deputada autonómica do PP, Julia Rodríguez, na súa intervención a finais de setembro. (Foto cedida)
O Parlamento de Galicia vén de aprobar, a finais do mes pasado, unha proposición non de lei presentada polo Partido Popular, para que o Goberno central e Turespaña restauren o tramo da Muralla de Monforte entre a Torre da Homenaxe e a Porta Nova.
COLABORACIÓN DA XUNTA CO CONCELLO
A proposta, defendida na Cámara galega pola deputada autonómica Julia Rodríguez Barrera, insta á Xunta a seguir cumplindo as súas obrigas en materia de conservación patrimonial. Así mesmo, pídese ao Executivo autonómico que colabore «económica e administrativamente» co Concello de Monforte para «garantir a rehabilitación e conservación da Muralla».
Julia Rodríguez lembrou a importancia deste monumento, xa que «a maioría dos estudosos coinciden en cualificala como o conxunto fortificado dos séculos XIV e XV máis importante de Galicia, de importante valor cultural, e que constitúe un senlleiro fito identitario da vila de Monforte».
JULIA RODRÍGUEZ: «10 ANOS PERDIDOS SEN UNHA SOA XESTIÓN»
Rodríguez criticou a «situación de abandono alarmante» na que se atopa este elemento patrimonial. A deputada popular referiuse aos Plans que dende 2008 ten o Concello para actuar na Muralla, pero lamentou que «se perderan 10 anos» porque «non se levou a cabo nin unha soa xestión ou actuación para mellorar a súa conservación». Julia Rodríguez queixouse tamén de que «todas as iniciativas presentadas estos anos polo grupo municipal do PP non saíron adiante polo voto en contra do equipo de Goberno monfortino».
Dende 2003, o Estado é o titular, a través de Patrimonio Nacional, deste tramo da Muralla e dos terreos anexos ao Mosteiro. Turespaña é, por tanto, a entidade encargada da súa xestión. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A casa niño da Pobra do Brollón atende a media ducia de nenos e nenas

Seguinte Nova

Circo de rúa e música tradicional con Luar na Lubre animaron o festival As Cores do Outono na Pobra do Brollón

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: