Presentan unha nova vintena de iniciativas xurdidas no Coworking de Monforte

• 25 emprendedores que desenvolveron o seu proxecto nesta aceleradora deron a coñecer os plan de negocio no DemoDay

Intervención do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, no DemoDay celebrado o 4 de outubro no salón de actos do Centro Cívico do Malecón. (Foto: PILI CHAOS)

O impulso ao emprendemento dende as administracións segue dando froitos. A comezos de outubro, presentáronse en Monforte unha vintena de proxectos empresariais, resultado dos meses de asesoramento e formación que 25 emprendedores da contorna recibiron no espazo Coworking da Ribeira Sacra. Estes plans de negocio corresponden á terceira edición desta aceleradora de empresas, situada en Monforte e impulsada pola Xunta a través do Igape e da Escola de Organización Industrial.
DESEÑO, AGRICULTURA ECOLÓXICA E TURISMO, ENTRE AS PROPOSTAS
Os proxectos que se presentaron no DemoDay están vinculados ao turismo, o deseño, a hostalería e a agricultura ecolóxica, principalmente. Entre outros emprendedores, Diego Rodríguez deu a coñecer o seu proxecto de hostalería vinculado á Praia da Cova, mentres que a creatividade centrou a proposta denominada «Amanita Lab», de Elena Patiño, Efrén Hermida e Iván Patiño. Así mesmo, Antonio Salinas propuxo a súa idea baixo a denominación «Da boa fariña… o mellor pan», e Mª Luz Cid presentou o Centro Integral Alaia.
O DemoDay contou coa presenza do conselleiro de Economía, Francisco Conde. O titular autonómico salientou que «detrás de cada emprendedor adoita haber un autónomo», colectivo de gran peso na economía galega, xa que supón a cuarta parte dos traballadores da Comunidade. Conde lembrou a posta en marcha da Oficina do Autónomo de Galicia, que a Xunta pon a disposición dos emprendedores para informar sobre axudas e realizar consultas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Máis de 5,4 millóns da Xunta para activar o sector agrogandeiro no sur lucense

Seguinte Nova

Media ducia de novas empresas en Monforte grazas ao programa Galicia Rural Emprende

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss