•A equipación dos celestes divulgará o lema turístico «Lugo Cambia» na nova tempada na ACB
A promoción turística da provincia de Lugo vén de implicar ao mundo do deporte, neste caso ao baloncesto.
CONTRATO DE PATROCINIO ENTRE O CLUB E A DEPUTACIÓN DE LUGO
A nova tempada que está a iniciar o CB Breogán na categoría máis alta do baloncesto español servirá para dar a coñecer os atractivos turísticos do territorio lucense. En virtude dun contrato de patrocinio con este club, a Deputación de Lugo estenderá o traballo de promoción impulsado no primeiro Plan Estratéxico da provincia.

VISIBILIZACIÓN DOS ATRACTIVOS DE LUGO A NIVEL NACIONAL
A finais de setembro, tivo lugar a presentación da nova equipación do CB Breogán, que inclúe o lema turístico «Lugo Cambia». Baixo esta insignia, a Deputación trata de dar visibilidade aos recursos turísticos na provincia. Coa súa vestimenta, os deportistas do CB Breogán transmitirán esta mensaxe en cada partido do calendario da ACB.

SPOTS E IMAXES PROMOCIONAIS DURANTE O PRIMEIRO PARTIDO
Ademais, está prevista outra acción no primeiro partido que disputarán no Pazo dos Deportes. O 24 de outubro, o CB Breogán medirase en Lugo co Divina Seguros Joventut de Badalona. Durante o encontro, asistentes e espectadores poderán visualizar spots e imaxes promocionais de espazos e elementos turísticos nas pantallas do recinto deportivo, e seguilas por redes sociais.

VALORES DEPORTIVOS E DE PROMOCIÓN SOCIAL
Dende a Deputación explicaron esta decisión como un «piar estratéxico para a promoción da provincia, ao tempo que se impulsa o tecido asociativo para promover os valores de integración social, igualdade, solidaridade e compañeirismo a través do baloncesto».•