A monfortina Saleta Fernández, no top 5 do ranking absoluto do atletismo español

Saleta Fernández dá nome á pista de atletismo de Monforte. Arquivo EC
O atletismo galego é protagonista do ranking absoluto español. Un total de 28 deportistas da nosa Comunidade atópanse no top 5 desta clasificación, a piques de que comece a nova tempada deportiva 2018-2019.
LÍDER EN SALTO DE ALTURA
Segundo os datos da Federación Galega de Atletismo, os concursos son o tipo de probas nas que teñen maior presenza os atletas galegos. A monfortina Saleta Fernández lidera o ranking na modalidade de altura, ao acadar a tempada pasada o seu record de 1,86 metros.
ENTRE OS 5 PRIMEIROS ATLETAS GALEGOS
A monfortina, que compite dentro das filas do Valencia Esports, integra o grupo de excelencia do atletismo español, ao figurar entre os cinco deportistas galegos que son cabeza de serie na súa modalidade. Saleta abandeira a lista dos atletas galegos xunto con Ana Peleteiro, primeira de España en triple salto, Jean Marie Okutu en lonxitude, Lidia Parada en xavalina, e Elian Nuna en 500 metros. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Museo do Ferrocarril de Galicia gaña espazos para a cultura en Monforte

Seguinte Nova

O Neka abre o curso cunha quincena de medallas en competición autonómica

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: