Constituído o Consello Provincial de Turismo

• Este órgano, impulsado pola Deputación de Lugo, conta con 21 representantes de entidades públicas e privadas

Constitución do Consello Provincial de Turismo, o 17 de outubro. GPDL
Preto de 15 entidades públicas e privadas integran o Consello Provincial de Turismo, impulsado pola Deputación de Lugo dentro do Plan Estratéxico de Turismo. Esta nova figura conta coa participación de 21 membros, entre os que se atopan representantes dos partidos políticos con presenza na Deputación de Lugo, así como de consorcios e mancomunidades, e dos diversos axentes sociais. Dende a Deputación precisaron que a Axencia de Turismo de Galicia e a Asociación de Consumidores e Usuarios da Provincia non teñen confirmados aos seus representantes.
O obxectivo do Consello é a xestión de iniciativas de impulso do turismo na provincia, mediante a participación de todos os axentes implicados neste eido.
ENTIDADES
O Consello Provincial de Turismo está encabezado por Darío Campos, presidente da Deputación, e actúa como vicepresidente o deputado de Turismo, Eduardo Vidal. Os grupos políticos provinciais están representados por Pilar García e Sonsoles López polo PSOE, Juan Carlos Armesto e José Demetrio Salgueiro polo PP, e Antonio Veiga polo BNG.
En canto á agrupacións supramunicipais, figuran no Consello o presidente do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, Luis Fernández Guitián, e o presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Alfredo Llano. Por parte da universidade, figura Jesús Varela, do Vicerreitorado da USC no Campus de Lugo.
En canto a sectores profesionais, intégranse no Consello con cadanseu representente o Clúster de Turismo de Galicia, a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo, a Federación Galega de Comercio, a Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia, a Asociación Galega de Propiedade Balnearia, a Asociación Galega de Axencias de Viaxe, e a Federación Galega de Turismo Rural. Así mesmo, contan con presenza no Consello Provincial de Turismo o colectivo Auxilia, e a Asociación de Amigos do Camiño de Santiago na provincia de Lugo.
MEMBRO EXPERTO
Na súa reunión constitutiva, o novo ente decidiu o nomeamento dun membro experto do Consello. Esta función será desempeñada por Miguel Pazos Otón, director do Centro de Estudos de Investigacións Turísticas (CETUR), da Universidade de Santiago de Compostela. Pazos Otón é un reputado profesional no eido da investigación turística, e membro dos Consellos de Turismo de Galicia e de Santiago. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Os orzamentos da Xunta para 2019 queren priorizar ás provincias do interior

Seguinte Nova

Continúan as actuacións de mellora nas estradas de Láncara

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: