O Día Internacional da Muller Rural quere fomentar o empoderamento feminino

 

A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, nas Xornadas Mulleres de Seu “O futuro de todas», celebradas en Compostela o 15 de outubro. GPXG
O 15 de outubro conmemorouse o Día Internacional da Muller Rural, cunha serie de actos institucionais para fomentar o papel da muller no desenvolvemento das áreas rurais de todo o mundo.
MÁIS MULLERES DIRECTIVAS
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, destacou o apoio do Executivo autonómico a iniciativas desta índole. Como exemplo, Abella citou o caso de Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN), coas que en xullo deste ano asinou un acordo para a visibilización e apoio a proxectos de promoción da igualdade. López Abella participou nas Xornadas Mulleres de Seu «O futuro de todas», foro no que lembrou a importancia de que as mulleres se incorporen aos órganos de decisión do sector agroalimentario e de desenvolvemento rural.
O Goberno da Deputación, xunto con traballadores da institución, veciños e representantes de colectivos sociais, logo da sinatura dun manifesto polo Día Internacional da Muller Rural. GPDL
MANIFESTO PROVINCIAL
Así mesmo, a Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou un manifesto con motivo do Día Internacional da Muller Rural. No texto, o Executivo provincial reivindica que «sen mulleres non habería familias e non existiría xa o rural». Así mesmo, o documento destaca a «necesidade de abordar dende unha perspectiva de xénero todas as políticas de oportunidades e progreso no medio rural». •

Máis mulleres e máis emprego fixo, esixencia da Deputación para contratar obra pública

• Máis cláusulas sociais en favor da igualdade na contratación de servizos de mantemento da rede viaria provincial

O vicepresidente da Deputación, Argelio Fernández Queipo, na rolda de prensa sobre as novas cláusulas sociais. GPDL

A Deputación vén de incluír no prego de contratación do servizo de conservación das estradas provinciais varias cláusulas para promover o emprego feminino e estable. A partir de agora, darase máis puntuación ás empresas con maior porcentaxe de mulleres  no cadro de persoal ou de traballadores fixos. O vicepresidente, Argelio Fernández, destacou esta medida «pioneira en defensa da igualdade e dos dereitos dos traballadores da obra pública». Tamén se terán en conta as actuacións das empresas en materia de conciliación ou formación. •

As mulleres, as máis implicadas nas enquisas para o III Plan de Igualdade de Monforte

A 2ª mesa de traballo do III Plan de Igualdade entre Homes e Mulleres do Concello de Monforte tivo lugar o 15 de outubro. EC

A mediados de outubro, tivo lugar a segunda mesa de traballo para elaborar o III Plan de Igualdade entre Homes e Mulleres do Concello de Monforte. A partir de enquisas realizadas aos grupos políticos municipais e traballadores do Concello, a grupos clave e á cidadanía en xeral, o documento analiza a situación da igualdade en varias áreas, tanto dentro da institución como na sociedade monfortina. Nas enquisas internas do Concello, o 79% dos participantes do persoal municipal foron mulleres, e o 100% nos grupos políticos. A nivel xeral, a porcentaxe de resposta feminina no grupo de axentes socioeconómicos foi do 62%, e na cidadanía do 83%. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Continúan as actuacións de mellora nas estradas de Láncara

Seguinte Nova

Preto de 300 desempregados da comarca de Lemos no Plan de Formación da Xunta

Últimas noticias sobre EVENTOS

     
A %d blogueros les gusta esto: