O Neka abre o curso cunha quincena de medallas en competición autonómica

Ouro e prata para as parellas formadas por Elena Vareal e Álex Camba, e Diana Torres e Carlos Rey. (F. cedida).
Os deportistas do ximnasio Neka de Monforte están a iniciar o curso cun importante medalleiro, acadado no Open de Taekwondo de Ribeira, celebrado o 13 de outubro.
PODIOS EN COMBATE
Na modalidade de combate, Lucía Roca acadou un merecido ouro, logo de rematar o campionato cunha escordadura de nocello a 30 segundo do final. A grada ribeirense soubo recoñecer «o gran pundonor e valentía» de Roca, como destacou o seu adestrador, José María Vega. O podio de combate contou con outro membro do Neka, Junior Martínez, que logrou a medalla de bronce, logo de caer na semifinal fronte a un representante da selección madrileña.
MEDALLAS EN TÉCNICA
En técnica, o Open de Ribeira deixou un abultado balance de podios para os de Neka. Conseguiron medalla de ouro individual Laura Álvarez, Álex Camba, Elena Varela, Daniel Areán, e Mauricio Galvís. Tamén subiron ao máis alto do podio a parella integrada por Laura Álvarez e Marco García, e a de Elena Varela e Álex Camba. Estes dous deportistas continúan o seu bo ritmo de cara a preparar a participación no vindeiro Mundial de China.
Ademais, foron prata individual Karla Novo, Diana Torres e Carlos Rey. A parella de Torres e Rey tamén acadou unha prata en Ribeira. Finalmente, conseguiron medalla de bronce Marco García en individual, e a parella formada por Iria de la Fuente e Gael Trujillo.
O NEKA, SEGUNDO POR EQUIPOS
Estes resultados deron marxe suficiente ao Neka para colocarse segundo na clasificación xeral por equipos, a pesares de non ter competidores na modalidade de freestyle. O adestrador do Neka, José María Vega, amosou a súa satisfacción polo «fantástico resultado», que serve de boa preparación para os vindeiros campionatos. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A monfortina Saleta Fernández, no top 5 do ranking absoluto do atletismo español

Seguinte Nova

Segunda campaña do CB Breogán para promover a doazón de sangue

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir aInicio

Don't Miss