• Diversos proxectos activados dende 2017 revalorizan parcelas que estaban sen uso e nun alto grao de abandono • As iniciativas están impulsadas pola Consellería do Medio Rural a través do Banco de Terras de Galicia
• Para levar adiante os proxectos, a Xunta realiza unha prospección dos terreos e localiza aos propietarios, aos que pon en contacto con cooperativas, empresas agrarias e entidades interesadas na explotación
O impulso do rural pasa pola posta en valor do territorio, con todas as súas potencialidades. A loita contra o abandono e a necesidade de xerar riqueza a partir dos recursos de cada zona está a impulsar diversas actuacións institucionais. A Consellería do Medio Rural, a través do Banco de Terras de Galicia, ten en marcha un total de oito iniciativas de mobilidade de terras agrarias. Con este fin, o departamento autonómico destina 800.000 euros para poñer en valor parcelas de 1.000 propietarios de varias zonas de Galicia. Segundo destacou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, tralo Consello da Xunta celebrado o 10 de outubro, esta liña de acción terá continuidade con outros tantos proxectos o vindeiro ano, para os que a Consellería adicará outros 2 millóns de euros.
PRADOS EN TERRAS BALDÍAS, RECUPERACIÓN DE SOUTOS E PERMUTAS DE PARCELAS NA ZONA SUR
En 2017 puxéronse en marcha oito proxectos, que implicaban terreos con grande aptitude agraria e que, segundo puntualizaron dende a Xunta, atopábanse nun alto nivel de abandono.
No sur de Lugo botaron a andar cinco destes proxectos, un no Courel para recuperar soutos tradicionais, outro de aproveitamento de terras baldías para prados en Sober, e un terceiro de recuperación de pasteiros de montaña nos Ancares. Ademais, estanse a recuperar parcelas baldías para prados no Val de Lemos, e arrancou en Sarria un sistema de redistribución de terras baseado en permutas voluntarias.
Xunto a estas accións, o ano pasado tamén se puxo en marcha nos municipios ourensáns de Cualedro e Oímbra a recuperación de zonas de concentración parcelaria que foron afectadas por lumes forestais, co fin de producir cereal e viñedo.

POSTA EN VALOR DAS OLIVEIRAS EN QUIROGA
Así mesmo, atópanse en fase inicial outros cinco proxectos a través do Banco de Terras, un deles referido ao aproveitamento das oliveiras en Quiroga. Noutras zonas, estase a potenciar o cereal, como no Barco de Valdeorras e en Vilalba, os cultivos forraxeiros e os castiñeiros na Cañiza, e a produción hortícola e de flores no Baixo Miño.
Dende a Xunta anunciaron que hai previstos dous proxectos máis de mobilidade de terras. En Arbo, arrancará unha iniciativa vinculada aos viñedos, e outra relacionada coa produción silvícola na costa norte da provincia da Coruña.
ALUGUEIRO PACTADO A TRAVÉS DO BANCO DE TERRAS
Dende a Xunta explicaron como se xestionan estas iniciativas para sacar partido dos terreos abandonados que poden ter aproveitamento agrícola. Unha vez recuperadas as parcelas, son incorporadas ao Banco de Terras para arrendarse como alugueiro pactado. Esta figura xurídica permite un trámite máis áxil, e que os prezos e os prazos se establezan segundo os intereses das partes. •