• A liña de subvencións ofrece ata 10.800 euros para adquirir vivenda en concellos de menos de 5.000 habitantes • O 16 de novembro é o último día para solicitar estas subvencións
A mediados deste mes, a Xunta puxo en marcha unha liña de subvencións coas que busca favorecer a fixación de poboación no rural. O Diario Oficial de Galicia do 16 de outubro recolle a resolución do Executivo autonómico, na que se establecen as bases das axudas á adquisición de vivenda para menores de 35 anos en concellos de menos de 5.000 habitantes.
SUBVENCIÓN DE ATA O 20% DO PREZO DE COMPRA
As subvencións, que poden solicitarse ata o 16 de novembro deste ano, cubrirán como máximo o 20% do importe da compra de vivenda, que deberá estar xa construída, e cuxo prezo non poderá superar os 100.000 euros. A achega máxima por beneficiario será de 10.800 euros.

REQUISITOS DOS BENEFICIARIOS
Os solicitantes das achegas han de reunir unha serie de requisitos. Os interesados deberán ter menos de 35 anos na data de presentación da solicitude. Ademais, han de posuír a nacionalidade española ou residencia legal en España.
En canto aos ingresos por unidade de convivencia, deberán ser iguais ou inferiores a tres veces o IPREM. Neste punto, as bases establecen determinadas excepcións. Os ingresos poderán chegar a 4 veces o IPREM no caso de familias numerosas de categoría xeral, ou unidades de convivencia con discapacitados. O límite será de 5 veces o IPREM no caso de familias numerosas de categoría especial ou unidades de convivencia nas que algún dos membros teña unha discapacidade das establecidas na resolución.

REQUISITOS DAS VIVENDAS SUBVENCIONABLES
As bases fixan diversas características para as vivendas cuxa compra poderá ser subvencionada. En primeiro lugar, a adquisición terá que ser posterior ao 1 de xaneiro de 2018. Así mesmo, a edificación ha de estar emprazada nun municipio de menos de 5.000 habitantes, e deberá estar xa construída, aínda que pode ser vivenda nova ou usada. O prezo total da vivenda, incluíndo os anexos, e sen os gastos e tributos que lle corresponden, ten que ser igual ou inferior a 100.000 euros.
A Xunta ten previsto seguir convocando esta liña de axudas en 2019, 2020 e 2021, cunha dotación total de preto de 3 millóns de euros. •