• O Plan ofrece 18 cursos • Como novidade, o alumno poderá escoller o centro e o curso • A inserción laboral deste programa ronda o 60%

A nova edición do Plan de Formación da Xunta ofrecerá este curso un abano de 18 especialidades para un total de 270 desempregados da comarca de Lemos. O delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, destacou que para financiar estas accións formativas, o Executivo autonómico destinou preto de 800.000 euros só a esta comarca, o que supón un incremento do 13,4%.
NOVIDADES
Balseiro salientou que este curso é a primeira vez que os alumnos van poder escoller o centro de formación e a especialidade que queren cursar. Ademais, os propios centros terán tamén a posibilidade de seleccionar ao alumnado, tarefa que ata agora realizaba o Servizo Público de Emprego de Galicia.
TODA A INFORMACIÓN SOBRE OS CURSOS
Outra das novidades é que o alumnado poderá coñecer os contidos e características dos cursos, así como o seu prezo, que oscila entre 266 e 6.491 euros por alumno, cartos financiados ao 100% pola Xunta. Toda a información está dispoñible no enlace https://emprego.xunta.gal/portal/index.php/gl/buscador-de-formacion.
Os cursos, todos con certificación de profesionalidade, ofrecen formación en TIC, hostalería, turismo, marketing ou comercio, entre outras especialidades, cunha duración media de 6 meses. •