O lado máis solidario do deporte estase a ver, unha tempada máis, na actividade do CB Breogán. O equipo lucense aproveitou o partido celebrado o 13 de outubro para promover a doazón de sangue.
AGASALLO DE ENTRADAS DOBRES PARA OS PRIMEIROS 50 DOANTES
Un total de 50 entradas dobres para ver este encontro fronte ao Movistar Estudiantes foron o agasallo que recibiron as primeiras 50 persoas que se achegaron ata a unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue instalada en Lugo o día 11.
A iniciativa solidaria está incluída no contrato de patrocinio que a Deputación de Lugo ten co CB Breogán. Na presentación desta campaña, a deputada Sonsoles López Izquierdo explicou que o club lucense «é unha excelente plataforma» para concienciar á cidadanía sobre «a importancia de realizar un acto altruísta e sinxelo como é doar sangue».

MÁIS DE 100 DOANTES NA PRIMEIRA CAMPAÑA, O ANO PASADO
A campaña levouse a cabo por vez primeira o ano pasado. Daquela, animáronse a doar sangue máis de 100 persoas, nove das cales estreábanse como doantes. As entradas repartidas como agasallo foron 214, custeadas pola Deputación de Lugo, dentro do contrato de patrocinio.•