700 quilos de produto para gozar da XXXI Festa da Castaña de Folgoso do Courel

A tradicional cita de outono celebrarase este ano en Seoane, o sábado 3 de novembro

Imaxe de arquivo da preparación das castañas asadas na Festa da Castaña de Folgoso do Courel. Arquivo EC

A XXXI Festa da Castaña de Folgoso do Courel terá lugar o sábado 3 de novembro, no Souto da Carroza. A xornada festiva exalta un produto amparado baixo a Indicación Xeográfica Protexida que avala a súa calidade. A celebración arrancará ás 12 da mañá, coa música dos Cantoures do Courel, que amenizarán a degustación gratuíta de 700 quilos de castañas asadas, ás que se poderá acompañar con viño. Xa á unha, o chef Miguel González Quintela lerá o pregón da Festa, e a continuación, actuará o grupo de música tradicional Quenindiole. Durante todo o día, no Souto da Carroza haberá postos de comida e de venda de productos artesanais. O ambiente festivo seguirá pola tarde, con charangas e a actuación, a partir das 20,00 horas, do grupo Carta de Ajuste, ao que seguirá unha verbena dende as 21,30.

Desta volta, a XXXI Festa da Castaña de Folgoso do Courel, que organiza o Concello, conta cunha achega de 4.000 euros da Deputación de Lugo. Dende o organismo provincial salientaron a importancia de promover os productos locais e a riqueza natural do territorio. A Festa da Castaña de Folgoso do Courel foi declarada Festa de Interese Turístico de Galicia en 2012.

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Segunda campaña do CB Breogán para promover a doazón de sangue

Seguinte Nova

Conta atrás para o Castanhazo Rock de Chantada

Últimas noticias sobre EVENTOS

Campamentos de Verán

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, e o Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, entregaron

A %d blogueros les gusta esto: