A Escola Municipal de Música de Samoeiro, na Pobra do Brollón, vén de comezar o novo curso cun cento de matrículas. Segundo destacaron dende o Consistorio, estes 100 alumnos dan boa proba de que a Pobra do Brollón «é un municipio vencellado á música», en especial aos sons máis tradicionais de Galicia. De feito, as materias con maior índice de alumnado están relacionadas coa música tradicional galega. Así, en gaita rexístranse 18 matrículas, 35 en percusión tradicional e outras 44 en baile tradicional.
FESTIVAL REFERENTE EN MÚSICA TRADICIONAL
Nesta liña, están a traballar dende o Concello con iniciativas de impulso á música tradicional, tanto dende o eido da formación como dende o seu carácter lúdico. O festival As Cores do Outono, organizado polo Concello en colaboración coa Deputación de Lugo, estase a consolidar como un referente na provincia dentro dos eventos da música tradicional galega.
A oferta da Escola Municipal de Música de Samoeiro complétase coas especialidades de acordeón, coro, piano, guitarra e linguaxe musical. Os máis cativos poden asistir a iniciación musical, música e movemento, e linguaxe musical infantil.