Música e actividades para todos os públicos na vila do Asma durante o venres 2 e o sábado 3 de novembro

Chantada continúa cumplindo a tradición musical de cada outono, coa edición número dezaseis do Castanhazo Rock. A gran cita roqueira do sur lucense terá lugar o venres 2 e o sábado 3 de novembro. Nestas datas, o espazo do Mercado Gandeiro vibrará coa propostas de 13 grupos, nun evento organizado pola Asociación Cultural O Castanhazo, e co apoio da Deputación de Lugo, que destina 6.000 euros á organización.
O venres 2 de novembro, actuarán no festival chantadino os grupos Talco, Descato, LDS, Mafalda, Rebelión do Inframundo, e La Otra.

AXENDA DO SÁBADO
A xornada do sábado día 3 ofrecerá, ademais da música, unha ampla oferta de actividades. O Castanhazo Infantil inclúe un concerto dos combos infantil e xuvenil de música moderna da Casa da Música de Chantada, ás 12 horas na Praza do Cantón, ou no Auditorio se chove. A continuación, celebrarase a Pinchada Cativa “Déixalle ao Dillei”, con djs que misturarán temas para o público infantil. Con carácter previo, o Castanhazo Infantil organiza o martes 30 de outubro unha sesión de regueifas e improvisación con Alba María, para o alumnado de 6º dos CEIP Xoán de Requeixo e Eloísa Rivadulla. A xornada completarase con cantos de taberna e xogos bravús, pola tarde. A música voltará á noite, cos concertos de Boikot, Zoo, Dakidarria, Smoking Souls, Raiba e Mekanika.•