Pantón e Monforte de Lemos acollerán importantes eventos do calendario de golf de Galicia

O Circuito Senior de Golf percorre diversos campos de Galicia. (Foto cedida).
O mes de novembro traerá ao sur lucense dúas das citas máis destacadas do golf galego.
CAMPIONATO GALEGO DE PITCH & PUTT EN MONFORTE
O Club de Golf Río Cabe será a sede do Campionato Galego Match Play de Pitch & Putt. A proba, que terá lugar o 3 de novembro, xogarase nas modalidades scratch e handicap. A primeira saída terá lugar ás 10, e as semifinais iniciaranse ás 13 horas. A saída final comezará ás 16 horas. Os dous mellores de cada categoría recibirán un trofeo.
FINAL EN AUGAS SANTAS DO CIRCUITO GALEGO SENIOR
No campo de golf de Augas Santas disputarase a final do Circuito Galego Senior 2018, o 14 de novembro. Esta competición, que se iniciou a finais do mes de agosto na localidade pontevedresa de Meis, dispútase na modalidade de stableford  scratch e handicap. A derradeira proba do Circuito Senior ten aberto o prazo de inscrición ata o luns 12 de novembro. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

En prazo as axudas do Concello de Sober ao transporte universitario

Seguinte Nova

Quiroga entra a formar parte do mapa de eventos da Federación Galega de Voleibol

Últimas noticias sobre DEPORTES

   
A %d blogueros les gusta esto: