Sendeirismo, foto, benestar e viaxes, na axenda de outuno da Escola de Idiomas de Monforte

As celebracións do calendario nas culturas europeas protagonizan diversos eventos na Escola de Idiomas de Monforte. Arquivo EC
A Escola de Idiomas de Monforte iniciou a axenda de eventos do curso 2018-2019, participando con 40 estudantes do centro na III Andaina Escolar polo Camiño de Inverno, organizada pola Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra.
Na Escola xa traballan na organización da viaxe a Bruxelas. Con este fin, o mércores 31 de outubro haberá unha reunión informativa ás 18,30 na aula 1. Por outra banda, o Club de Conversación en inglés arranca o 6 de novembro no bar A Cova, os martes ás 20,30 horas.
IOGA, CONCURSOS E HALLOWEEN
Para o alumnado do centro, a Escola organiza unha sesión de ioga en inglés, coa auxiliar de conversa Caitlin Cooper, os xoves de 18,30 a 19,30. É preciso levar esterilla.
A Escola convoca dous concursos. O Outono Fotográfico premiará as mellores imaxes con tres cestas de produtos de tempada. O prazo acaba o 13 de novembro. O 31 de outubro é o límite para o concurso  de Halloween de relatos curtos de medo en inglés. Para despedir outubro, o martes 30 terá lugar o taller de cociña para o alumnado de francés, e o mércores 31 celebrarase o «Trick or Treat».•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Conta atrás para o Castanhazo Rock de Chantada

Seguinte Nova

Comezaron as sesións de ximnasia de mantemento nas parroquias de Sober

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss