• Socialistas de Lugo levaron unha moción ao Pleno provincial • Ven necesaria unha maior divulgación sobre esta doenza, de causas descoñecidas

A mellora asistencial das pacientes con endometriose centrou unha das mocións presentada polo grupo provincial do PSdeG-Psoe ao Pleno da Deputación de Lugo. Segundo explicou a deputada Sonsoles López Izquierdo, a moción instou ao Sergas e á EOXI de Lugo, Cervo e Monforte para que implementen novas accións co fin de dar unha mellor asistencia ás mulleres con esta doenza, así como para dar a coñecer este enfermidade.
MÁIS INFORMACIÓN
As reclamacións dos Socialistas de Lugo teñen en conta as demandas de colectivos como a Asociación QuerENDO. Dende a formación política, critican a ausencia de información sobre a endometriose, debido á «ausencia de formulacións de xénero na sanidade pública, e polo seu desmantelamento polo Partido Popular».

OFRECER CONSULTAS ESPECÍFICAS
Entre as medidas concretas, os Socialistas de Lugo pediron ao Sergas e á Estructura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) de Lugo, Cervo e Monforte que poña en marcha xornadas de formación para os profesionais, ademais de garantir consultas específicas e a creación dunha Unidade Multidisciplinar para os casos máis graves. Así mesmo, demandaron «facilidades» para estas mulleres no acceso aos tratamentos de fertilidade nos hospitais públicos.•

• A ENDOMETRIOSE, A GRAN DESCOÑECIDA
• A endometriose é unha enfermidade crónica, que afecta a 1 de cada 10 mulleres
• O principal problema é a falta de diagnose: as estimacións falan de 60.000 afectada en Galicia
• Consiste no crecemento benigno de tecido endometrial fóra do útero, normalmente no peritoneo pélvico e nos ovarios, aínda que pode extenderse a outros órganos
• As causas desta enfermidade aínda non se coñecen
• Tampouco hai unanimidade en canto aos tratamentos máis efectivos