Acordo entre Deputación e maderistas para limpar de árbores 1.000 quilómetros de estradas de montaña

O vicepresidente da Deputación e o presidente da Asociación de Empresarios da 1ª Transformación da Madeira, anunciaron o acordo o 5 de novembro. GPDL

A Deputación de Lugo e a Asociación de Empresarios da Primeira Transformación da Madeira acordaron, a comezos deste mes, a limpeza de árbores nun total de 1.000 quilómetros de estradas provinciais. Esta medida, posta en marcha de xeito inmediato, implica a viais dos concellos de Cervantes, Navia de Suarna, Fonsagrada, Becerreá, Baralla, Láncara, Castroverde, Baleira, Folgoso do Courel, Samos, Negueira de Muñiz, Pedrafita do Cebreiro, Ribeira de Piquín e as Nogais, boa parte deles en zona de montaña. O vicepresidente provincial, Argelio Fernández Queipo, explicou que este dispositivo de emerxencia conta con máis de 100 operarios en 24 equipos, para realizar as tarefas nun periodo de arredor de sete días.
Queipo sinalou que as nevaradas de finais de outubro agraváronse pola rotura de árbores, que xeraron cortes de luz e bloqueo de estradas. A situación superou aos medios do servizo de vías e obras, polo que foi preciso recurrir á maquinaria das empresas forestais para a retirada dos restos. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Os fogares galegos con menores en idade escolar, os que máis contratan internet

Seguinte Nova

Dúas granxas do sur de Lugo, entre as galardoadas nos Premios Exceleite 2018

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

     
A %d blogueros les gusta esto: