Avances na guía que prepara a Xunta para combatir o radón

A guía que está a elaborar a Xunta suxire medidas para combatir o radón en vivendas xa construídas. Arquivo EC

Nos últimos meses, a Xunta vén de completar o borrador da guía de recomendacións para diminuír o impacto do gas radón en vivendas xa construídas. A finais do mes pasado, reuniuse a sección Técnica e de Calidade do Observatorio da Vivenda de Galicia, para revisar o documento e incluír as súas aportacións. Unha vez rematada esta fase técnica, procederase á redacción definitiva do documento, para a súa aprobación polo Consello do propio Observatorio. Este Consello foi deseñado pola Xunta para favorecer a participación de todos os axentes do sector.
Segundo informaron dende a Xunta, a guía vai dirixida a propietarios e a técnicos, para dispoñer dos datos básicos sobre o risco que presentan as edificacións, e como mitigar o impacto do radón, presente de xeito natural en solos graníticos.
A guía tamén aporta información sobre os custos das tarefas ou técnicas profesionais que se poden realizar, así como as vantaxes e inconvenientes de cada unha delas, segundo o tipo de vivenda.
Dende a Xunta precisaron que, no caso das vivendas de nova construción, o Ministerio de Fomento xa está a modificar o código técnico para incluír esta circunstancia. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Centro de Atención a Persoas con Discapacidade de Sarria cumpriu 24 anos

Seguinte Nova

Os fogares galegos con menores en idade escolar, os que máis contratan internet

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: