O 97,5% dos fogares galegos con menores de entre 3 e 16 anos teñen contratado internet, o que supón unha diferencia de máis de 17 puntos respecto das unidades familiares que non contan con membros nesta banda de idade. Os datos proceden do estudo “A Mocidade e as TIC- edición 2018”, publicado a comezos de novembro polo Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), dependente da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).
A contratación de internet medra máis no grupo de familias con residentes estudantes maiores de 16 anos, ata chegar ao 98,9%. O estudo do OSIMGA explica este dato pola incidencia de internet no periodo escolar e universitario. Os fogares con escolares sen internet non contratan o servizo polos custos de equipamento e conexión.
Outra das conclusións do estudo é que a convivencia con menores en idade escolar obrigatoria é un “factor potenciador” do uso das TIC nos fogares. De feito, este grupo supera en 23,9 puntos porcentuais aos datos que ofrecen os maiores de 35 anos. As familias sen menores escolares e sen internet non teñen o servizo por falta de utilidade ou interese.
En canto ao uso de internet, é moi superior en idades máis novas. Nos tres últimos meses, navegou por internet un 98,3% en mozos de 16 a 34 anos, fronte ao 77,2% dos maiores de 35. Estas diferenzas continúan no uso de internet para relacionarse coas administracións.
Sobre o uso das TIC, os mozos compran máis por internet que os maiores de 35 anos, cunha porcentaxe do 52,9%, dato que baixa á metade para os usuarios entre 35 e 74 anos. •
Últimas noticias sobre CULTURA
Este sábado pasado, o escenario Samugueiros, na Pobra do Brollón, vibraba coa impresionante actuación de Mercedes
O pasado domingo a igrexa Nosa Señora da Antiga de Monforte foi o escenario dun concerto
O pasado venres, 6 de setembro, inaugurouse na Casa da Cultura de Chantada unha nova exposición
O Museo de Belas Artes da Coruña está a piques de clausurar unha destacada exposición que