A actividade formativa na Fundación Belarmino Fernández Iglesias incluiu estes días novos cursos en torno ao emprendemento e á prática responsable en hostelería.
MÁIS FORMACIÓN PARA EMPRENDER
O 6 de novembro celebrouse na Escola de Hostelería de Sober a segunda sesión dunha actividade para promover o espírito emprendedor entre os estudantes dos Ciclos Formativos de Grao Medio de Cociña e Gastronomía, e de Servizos e Restauración. Desta volta, o alumnado coñeceu as formas de financiación dos negocios, e as fórmulas xurídicas baixo as que se pode constituír unha empresa.
A xornada forma parte do programa «Finanzas para Mortais», organizado dentro do convenio entre a Consellería de Educación, a Fundación da Universidade de Cantabria para o estudo e investigación do sector financieiro, e o Banco Santander.

EVITAR PROBLEMAS CO ALCOL MEDIANTE UNHA ATENCIÓN RESPONSABLE
Ao día seguinte, tivo lugar o curso que todos os anos organiza a Fundación Belarmino Fernández Iglesias, e no que se abordan as estratexias dos hosteleiros para ofrecer unha atención responsable. Da man de Jacobo Peña, os asistentes aprenderon recursos para evitar problemas vinculados ao alcol, para procurar unha experiencia social saudable e grata aos clientes. •