En marcha 5 obradoiros de emprego da Xunta na zona sur

• As accións dan emprego a 120 persoas en 14 concellos

Apertura do obradoiro de emprego da Xunta en Monforte, o 5 de novembro. GPDTL

A Xunta vén de investir 1,5 millóns de euros nos cinco obradoiros de emprego que arrancaron este mes no sur de Lugo. A iniciativa dá ocupación a 120 persoas, nun ámbito de 14 municipios. Da totalidade dos contratos, cunha duración de 9 meses, 100 corresponden a persoas en paro, e o resto integra aos monitores, directores e persoal de administración.
Monforte concentra en solitario un dos obradoiros, e os outros catro son compartidos. O obradoiro Sillor V inclúe aos municipios de Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso do Courel, mentres que o Serra do Faro V integra a Chantada e Carballedo. Pola súa banda, Pantón, O Saviñao e Sober participan no obradoiro Baliño 2, e o Ulla-Miño V aglutina a Antas de Ulla, Palas de Rei, Monterroso, Taboada e Portomarín.
Todos os cursos outorgan certificado de profesionalidade. Ademais, 11 alumnos dos obradoiros de Monforte, Chantada e Antas acolleranse  ao novo sistema dual, que ofrece a maiores outro contrato de formación en empresas por un mínimo de 3 meses.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A nova quenda de cursos da Xunta para desempregados formará a case 2.500 persoas na provincia

Seguinte Nova

340.000 euros da Deputación para arranxar 2 quilómetros na estrada entre San Xiao e Carracedo

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: