A Deputación premiará con 50.000 euros aos novos emprendedores do rural

A deputada de Promoción Económica, Sonsoles López Izquierdo, na presentación dos I Premios Emprendendo no Rural, o 15 de novembro. GPDL

O organismo provincial estrea os premios «Emprendendo no Rural», unha nova iniciativa para apoiar a «aquelas persoas que desexen abrir un novo negocio no rural, e precisen dun pequeno pulo para facelo». A convocatoria recoñecerá proxectos orixinais e innovadores, de calquer sector de actividade, que contribúean á xeración de emprego e riqueza, e a fixar poboación no rural.
Segundo explicou a deputada de Promoción Económica, Sonsoles López Izquierdo, os premios están abertos a calquer persoa, aínda que é imprescindible non estar constituídos como empresa, xa que os galardóns premian a idea, o compromiso de constituírse como empresa antes do 31 de agosto de 2019, afincarse no rural e manter a actividade empresarial durante un mínimo de dous anos. A convocatoria ofrece cinco premios de 10.000 euros cada un. O prazo para participar nos premios «Emprendendo no Rural» remata o 29 de novembro. A información completa sobre a convocatoria, e os detalles da documentación requerida poden atoparse no enlace http://deputacionlugo.gal/gl/temas/emprego/emprendendo_rural.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Lugo festexou os 50 anos de traballo da Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega

Seguinte Nova

Obras de mellora en tres centros educativos de Sarria a cargo da Xunta

Últimas noticias sobre EMPREGO

A %d blogueros les gusta esto: