A Real Academia Galega seguirá a contar co apoio da Deputación de Lugo, logo da renovación do convenio entre ambas institucións, a mediados deste mes. No acordo, a Deputación aportará 9.000 euros anuais á institución cultural para fomentar a cultura galega e a protección e estudo do noso idioma. Segundo precisou a deputada de Cultura, “queremos facer todo o posible para frear o descenso de falantes, sobre todo entre a xente nova das zonas urbanas”. García lembrou que a Deputación promove o galego colaborando con outros colectivos en accións ao longo do ano. •