A Deputación renova o convenio coa Real Academia Galega por 9.000 euros

A Deputada de Cultura, Pilar García, co presidente da RAG, Víctor Fernández, e a tesoureira, Marilar Aleixandre, o 21 de novembro. .GPDL

A Real Academia Galega seguirá a contar co apoio da Deputación de Lugo, logo da renovación do convenio entre ambas institucións, a mediados deste mes. No acordo, a Deputación aportará 9.000 euros anuais á institución cultural para fomentar a cultura galega e a protección e estudo do noso idioma. Segundo precisou a deputada de Cultura, “queremos facer todo o posible para frear o descenso de falantes, sobre todo entre a xente nova das zonas urbanas”. García lembrou que a Deputación promove o galego colaborando con outros colectivos en accións ao longo do ano. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Licitada en 126.000 euros a reforma da emblemática igrexa do Incio

Seguinte Nova

Renovado o parque infantil da Praia Fluvial de San Clodio

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: