Completados os arranxos en accesos de catro núcleos rurais no Incio

A alcaldesa do Incio, Laura Celeiro, acompañou ao presidente da Deputación, Darío Campos, para supervisar o resultado das obras, a mediados deste mes. GPDL

• Deputación e Concello agradeceron a colaboración veciñal, ao ceder terreos para ensanchar algúns dos camiños

Este mes quedaron rematadas as obras de mellora que a Deputación de Lugo levou a cabo en accesos a catro núcleos rurais do municipio do Incio. O organismo provincial financiou os traballos con 40.000 euros, para beneficiar a un total de medio cento de veciños, que agora dispoñen de pistas máis amplas e con firme renovado.

AMPLIAR ACCESOS PARA QUE PASE O CAMIÓN DO LIXO
Nas obras realizadas en Teimoi, parroquia de Santa María do Mao, e Viloira, parroquia de Santalla de Bardaos, ampliouse a anchura dos camiños para permitir o paso do camión de recollida do lixo. Neste sentido, tanto a Deputación como o Concello do Incio agradeceron aos veciños deste núcleos a súa colaboración, por ceder parte dos seus terreos en favor do servizo comunitario.

NOVO PAVIMENTO MÁIS LIMPO E SEGURO
Por outra banda, os traballos nos camiños de Outeiro, parroquia de Hospital do Incio, e Vilasante, na parroquia do mesmo nome, consistiron na renovación do firme con pavimento, «para facelas máis limpas e seguras», segundo destacou o presidente da Deputación, Darío Campos, na súa visita ao Incio para ver o resultado dos traballos.
A alcaldesa, Laura Celeiro, acompañou a Campos na revisión das obras, e agradeceu a iniciativa da Deputación para acometer as melloras nos accesos. «Sen esta colaboración, seríanos moi difícil realizar este tipo de traballos, pois no municipio hai 28 parroquias e máis de 120 núcleos rurais», explicou. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Lugo acolle a II Xornada Técnica sobre o porco celta en Galicia

Seguinte Nova

Lugo festexou os 50 anos de traballo da Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir aInicio

Don't Miss