A Asociación do Porco Celta (ASOPORCEL) celebra o 24 de novembro en Lugo a II Xornada Técnica Monográfica do Porco Celta en Galicia, centrada na rendibilidade das explotacións, a mellora sanitaria da cabana, e as expectativas deste produto no mercado.
ASOPORCEL disporá dunha achega de 45.000 euros da Deputación de Lugo para financiar os custes dos programas sanitarios das explotacións da provincia. O territorio lucense concentra o 40% dos produtores de porco celta de Galicia, con preto de 52 explotacións. O modelo de produción destas granxas destaca pola súa excelencia, o que as converte nun referente para o resto da comunidade.•