Obras de mellora en tres centros educativos de Sarria a cargo da Xunta

Imaxe de arquivo dunha visita do delegado da Xunta en Lugo ao IES Gregorio Fernández de Sarria. Arquivo EC

55.000 euros é o importe que a Consellería de Educación destina para reformas nos IES Xograr Afonso e Gregorio Fernández, e na Escola de Educación Infantil de Sarria. No caso do Gregorio Fernández, estanse a remodelar os aseos da planta baixa do edificio principal, cunha reforma integral que elimina as pezas e tabiques anteriores, para instalar novos sanitarios, alicatados e pavimento antideslizante. A obra inclúe a renovación do sistema de fontanería e electricidade.
No IES Xograr Afonso, continúase coa mellora do illamento térmico. Desta volta, a Consellería leva a cabo a segunda fase da substitución das ventás por elementos de carpintería de aluminio con rotura de ponte térmica e vidro dobre baixo emisivo, segundo precisaron dende a Delegación da Xunta en Lugo.
Finalmente, na Escola de Educación Infantil de Sarria o proxecto inclúe o cambio do sistema de fontanería en inodoros e lavabos. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Deputación premiará con 50.000 euros aos novos emprendedores do rural

Seguinte Nova

Licitada en 126.000 euros a reforma da emblemática igrexa do Incio

Últimas noticias sobre EDUCACION

     
A %d blogueros les gusta esto: