Presentan aos veciños de Bendollo o proxecto para plantar oliveiras en 30 hectáreas de terras sen uso

A plantación de oliveiras porá en explotación 30 hectáreas no municipio de Quiroga. (Foto: www.pixabay.com).

Representantes do Banco de Terras de Galicia mantiveron este mes un encontro cos veciños da parroquia de Bendollo, en Quiroga, para amosarlles o proxecto de recuperación de terras baldías con plantación de oliveiras. O Centro Social de Quiroga acolleu esta xuntanza, na que participou o subdirector de Mobilidade do Banco de Terras de Agader, Alejandro Ignacio Sánchez, acompañado polo alcalde, Julio Quiroga, e técnicos da Xunta e do Concello.
Na reunión, Alejandro Sánchez precisou que o programa denominado «Propiedade, mobilidade de terras e valorización territorial»que impulsa o Banco de Terras da Xunta inclúe un total de 30 hectáreas de terreos nesta zona. As parcelas, case todas de man común, están abandonadas, polo que se poñerán en valor coa plantación de oliveiras de especies autóctonas.
A recepción inicial dos veciños a este plan da Xunta foi positivo, o que permite aos técnicos comezar a identificación dos terreos, emprazados en dúas zonas diferentes deste núcleo quirogués. Segundo explicaron dende o Concello, unha vez completada a identificación das parcelas, a Xunta acoutará e rozará os terros. Finalmente, o Banco de Terras negociará coas partes os prezos e prazos para establecer os correspondentes contratos de arrendamento.
Alejandro Sánchez precisou que os donos manterán a propiedade das parcelas que entren no Banco de Terras, e nelas só se poderán plantar oliveiras. En caso de impago do arrendamento, a Xunta asumirá as cotas do contrato. Ao remate do contrato, o propietario recuperará a parcela en mellores condicións. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

200.000 euros da Deputación para instalar 82 marquesiñas nos 67 municipios lucenses

Seguinte Nova

A Xunta rematou o arranxo integral da LU-642 con preto de 1 millón de euros

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: