A Deputación ten aberto ata o 3 de decembro o prazo para anotarse no programa Primeira Oportunidade. O plan ofrece emprego a 23 recén titulados en FP ou grao, en especialidades impartidas na provincia, e sen experiencia laboral. Os contratos en prácticas permitirán aos beneficiados traballar ata un máximo de dous anos na propia Deputación. Os solicitantes de máis de 30 anos deberán ter rematados os estudos non antes de 2013, e nos perfís que se demandan no programa, ademais de carecer de experiencia laboral nesa profesión. Os menores de 30 anos só terán que acreditar non ter experiencia neste tipo de traballo. Os perfís solicitados poden consultarse na web www.deputacionlugo.gal, no espazo «Primeira Oportunidade». •
Últimas noticias sobre ECONOMÍA
A industria pesqueira galega expándese con éxito en feiras internacionais As empresas galegas do sector pesqueiro
A apertura do polo de Sarria responde a uns dos compromisos adquiridos polo presidente da Xunta,
Grazas ás campañas de promoción e a participación en feiras internacionais, os produtos pesqueiros galegos baten
A feira, que impulsa a Deputación xunto a FADEMUR e Unións Agrarias, exhibe os produtos de
A Asociación de Criadores da Raza Porco Celta celebra o seu 25 aniversario, e reafirma o