En marcha o dispositivo de inverno na rede de estradas provincial

O vicepresidente da Deputación supervisa a maquinaria do dispositivo invernal, na Fonsagrada o 26 de novembro. GPDL

A Deputación de Lugo ten en marcha, dende o día 26, o dispositivo invernal para garantir a cobertura de incidencias nos máis de 4.200 quilómetros de estradas da rede provincial.

OITO MÁQUINAS E 14 OPERARIOS EN CADA UNHA DAS OITO ZONAS
Este dispositivo conta con 112 operarios, equipados con 64 máquinas. Para unha mellor organización, a rede de estradas dividiuse en oito zonas, cada unha delas dotada con oito vehículos e 14 operarios. A maquinaria destinada a cada zona inclúe dous quitaneves con cuña, dous tractores con saleiro e cuña, dúas furgonetas pick-up e dous vehículos de apoio. Para completar o equipamento, haberá máis de 420 toneladas de sal na ducia de saleiros instalados na provincia.
O vicepresidente da Deputación, Argelio Fernández Queipo, presentou os detalles do dispositivo invernal na Fonsagrada. Queipo lembrou que, na pasada campaña, o operativo empregou 1.000 toneladas de sal e atendeu case 800 incidencias, un «incremento considerable» respecto ao ano anterior, debido ao mal tempo. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

José Antonio Rodríguez Domínguez presidirá o comité electoral do PP monfortino

Seguinte Nova

Máis de 240 nenos e nenas lucenses participarán en decembro no Mundialito pola Integración

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir aInicio

Don't Miss