Néstor Quiroga, do Centro Arena de Chantada, 3º no Campionato Nacional de carreiras de obstáculos

Á esquerda na imaxe, Néstor Quiroga no podio do III Terceiro Campionato Nacional de carreiras de obstáculos, celebrado en Allariz o 4 de novembro. (Foto cedida)

O Centro Deportivo Arena de Chantada logrou podio na terceira edición do Campionato de España de carreiras de obstáculos. Nesta durísima proba, que se disputou na localidade ourensá de Allariz, Néstor Quiroga, do Arena, acadou o terceiro posto na modalidade starter.

19 DEPORTISTAS DO CENTRO ARENA DE CHANTADA, NA PROBA NACIONAL DE ALLARIZ
A formación chantadina estivo representada na proba nacional por un total de 19 participantes. A categoría starter, cun trazado de 13 qulómetros e 54 obstáculos, contou coa participación, xunto a Quiroga, dos chantadinos Serafín Grande e José Lima. Na categoría popular, de 6 quilómetros e 30 obstáculos, competiron oito homes e oito mulleres do equipo chantadino.

5 HORAS DE CARREIRA ENTRE BARRO, AUGA E OBSTÁCULOS, CON 7 GRAOS DE TEMPERATURA MEDIA
Segundo explicaron dende o Centro Deportivo Arena, o podio acadado por Néstor Quiroga ten un gran valor, dadas as características da proba. A carreira discurriu durante 5 horas por 13 quilómetros de barro e auga, aos que houbo que sumar os 7 graos de temperatura media e a dificultade para salvar as fortes e xélidas augas do río Arnoia. Tal foi a dureza da competición, que anterior campión de España, Lluis Barbé, tivo que abandonar a proba aos tres quilómetros de empezar, debido a problemas físicos. Así mesmo, só unha deportista puido completar o trazado e obstáculos da categoría starter feminina.

QUIROGA, TERCEIRO TRAS UNHA LONGA PROBA NO QUE ESTIVO EN CABEZA ATA CASE O FINAL
O terceiro posto conseguido por Néstor Quiroga puido ser mellor, xa que realizou un brillante comezo, segundo destacaron dende o Centro Arena. Quiroga mantívose no primeiro posto dende o inicio da proba ata case culminar o quilómetro 13. Unha antiga lesión fixo merma no deportista, que rematou superado polos outros dous ocupantes do podio final. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Máis de 240 nenos e nenas lucenses participarán en decembro no Mundialito pola Integración

Seguinte Nova

100 lucenses en paro beneficiaranse do plan de emprego en hostelería

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: