A adega chantadina Vía Romana vén de presentar o primeiro viño rosado elaborado con uva mencía cen por cen. O xerente da adega, Juan Luis Méndez, explicou que este viño, correspondente á añada de 2017, estará no mercado no mes de decembro. O novo viño rosado «é moi fácil de beber, e é máis asequible para un público máis xove», segundo precisou Paula Carballada, directora técnica da adega. O viño procede de cepas propias de entre 20 e 60 anos, con 8 meses en depósito e outros 6 en botella.
Ademais, o rosado de Vía Romana terá un sabor moi solidario. A adega doará 1,5 euros por cada botella a beneficio da asociación Chantada Contra o Cancro. O seu responsable, Manuel Vázquez, agradeceu á adega, «e en especial a Juan Luis Méndez, toda a axuda recibida dende que a asociación naceu en decembro de 2016».•
Últimas noticias sobre GALERÍA
O Pleno da Deputación de Lugo aprobou unha proposta de Goberno que reclama ao Executivo autonómico
A monfortina Praza da Compañía acolleu, a finais do mes pasado, a presentación do documental “Monforte
Diversos actos ao longo do mes de agosto servirán para dar máis proxección aos produtos típicos
A superficie xestionada no convenio de protección das aldeas fronte ao lume achégase ao 70% do total
• A Xunta constata o incremento no grao de cumprimento dos particulares nas obrigas de xestión
• A actuación ten como obxectivo a mellora da calidade, fiabilidade e competitividade da conexión ferroviaria