A historia e a música animaron as veladas de novembro no Círculo Saviñao

O doutor Rosendo Bugarín deu unha conferencia sobre a gripe de 2018 no Círculo Saviñao, o 10 de novembro. (Foto cedida)

A axenda cultural do Círculo Saviñao combinou este mes a música en directo e a historia, con eventos que acadaron unha importante afluencia de público.

NA GRIPE DO 2018 MORREU O 1% DA POBOACIÓN DO SAVIÑAO
O 10 de novembro, o médico Rosendo Bugarín deu unha conferencia sobre a pandemia de gripe acontecida en 1918, e que provocou unha importante pérdida de poboación en varios continentes. Bugarín ofreceu un resume do impacto que tivo esta enfermidade, considerada a epidemia máis mortífera da historia, ao sumar máis mortos que as dúas guerras mundiais. Rosendo Bugarín falou da incidencia que hai cen anos tivo esta gripe no Saviñao, no que se rexistraron un mínimo de 127 defuncións, sobre todo de labradores. A epidemia acabou coa vida de máis do 1% dos censados de 1918.

 

A murciana Amarela repetiu éxito na súa nova actuación no Círculo Saviñao, o 17 deste mes. FC

AS MELODÍAS DE AMARELA RENOVARON ÉXITO EN ESCAIRÓN
Este mes, a música en directo veu ao Círculo Saviñao da man de Amarela, nome artístico da cantautora murciana Miriam García. O día 17, Amarela voltou á sociedade recreativa de Escairón para ofrecer un concerto acústico no que houbo temas anteriores e creacións recentes, incluídas nos seus últimos discos, “El viaje de la luz”, de 2015, e “Instinto”, de 2018.
O excepcional directo co que sorprende Amarela fixo deste concerto unha velada emocionante, do agrado de todos os asistentes, que xa esperan a súa próxima parada en Escairón.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Aprobado o Orzamento da Deputación para 2019 con 88,4 millóns de euros

Seguinte Nova

A Xunta licita arranxos en espazos do Mosteiro de Ferreira por máis de 523.000 euros

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: